domingo, 9 de diciembre de 2012

Selección Juvenil Femenina de Galicia


A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL FEMININA, SUBCAMPIOA DO TORNEO COMUNIDADE DE MADRID

Fecha: 08/12/2012


A selección galega xuvenil feminina logrou proclamarse subcampioa do Torneo Comunidade de Madrid, que se celebrou entre os días s6 e 8 de decembro en Alcobendas e San Sebastián de los Reyes. Galicia empatou no último partico contra Madrid, a pesar de que ía por diante no marcador ata o último segundo. Pero unha falta co tempo cumprido, permitiu ás locais empatar o choque.
Gran partido das nosas rapazas, que despois das lesións do día anterior saltaban tocadas á pista. Sen embargo, o equipo saíu sen complexos fronte ao último campión de España. Dende o principio Galicia foi pola vitoria e foi por diante no marcador con vantaxes de 2 ou 3 goles. Tralo descanso, as madrileñas lograron poñerse a só un gol de distancia, pero as galegas seguiron loitando ata o final. Así, chegou o momento decisivo do choque: 27-28 para Galicia co tempo cumprido e unha falta a favor de Madrid. O lanzamento entra, tras tocar no poste e  empate no marcador (28-28). Así, segundo posto para as galegas, que fixeron un magnífico torneo que amosa que xa están preparadas para o Campionato de España.
O equipo masculino, con cadetes, perdeu por bastante diferenza no marcador (38-18), pero continuará coa preparación para o Campionato de España.
O choque comezou igualado e con lixeiras vantaxes do equipo galego, pero a partir do minuto 15 o cansanzo e a diferenza física entre os dous equipos fixeron que a selección madrileña se escapara no marcador. Os xogadores galegos lograron goles con certa facilidades, pero o equipo madrileño logrou ampliar a vitoria con rápidos contragolpes ata o resultado final (18-38).
 
 


Imaxes:
¡¡A nosa Laura!!










































Enlace con Página fgbm

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Solo se publicarán comentarios firmados con nombre reconocible y previa solicitud de moderación.
Los datos del autor podrán ser hechos público