Campeonas en Santander
Convocatoria Infantil Femenino
GALICIA FEMININA, CAMPIOA DO TORNEO INFANTIL DE SANTANDER' MENTRAS QUE A SELECCIÓN MASCULINA FOI PRATA
Fecha: 30/12/2012
A selección galega infantil feminina logrou proclamarse campioa do Torneo de Navidad de Asturias, tras gañar hoxe a Euskadi (17-22). Pola súa banda, o conxunto masculino a pesar de lograr a vitoria no último choque contra Euskadi (19-29), tivo que conformarse co segundo posto, xa que para ser primeiro tiña que gañar e esperar o tropezón de Cantabria, que non fallou.
A selección feminina tivo unha moi boa traxectoria no torneo. Gañou o primeiro partido contra Cantabria (25-18) aínda que sufriu un pequeno contratempo contra Castela e León, xa que quedaron empatadas (21-21). Pero no terceiro encontro volveu a gañar, nesta oportunidade contra Navarra (21-17). Enfrontou o último partido contra Euskadi sabendo que si gañaba será campioa e non fallou. Logrou un novo triunfo por 17-22 e primeiro posto para Galicia.
O equipo masculino non comezou excesivamente ben o campionato, xa que na primeira xornada perdeu por un gol contra Cantabria (29-30), pero a pesar diso non baixou os brazos e enfrontou os dous seguintes partidos con moita ilusión. Así gañou a Castela e León (30-27) e despois a Navarra ((33-31). Desta forma, todo se decidía na xornada do domingo, no choque contra Euskadi, aínda que dependía do que fixera Cantabria, que gañou o seu partido. Iso sí, os xogadores galegos despedíronse cun novo triunfo (19-29).
Felicitacións para as dúas seleccións!
| Imaxes: | |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Solo se publicarán comentarios firmados con nombre reconocible y previa solicitud de moderación.
Los datos del autor podrán ser hechos público