BEGOÑA FERNÁNDEZ, O CONCELLO DE PORRIÑO E A EMPRESA MECALIA, PREMIADOS NA GALA DO DEPORTE FEMININO GALEGO A PROPOSTA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Fecha: 28/02/2013
Begoña Fernández, a empresa Mecalia e o Concello do Porriño serán premiados na II Gala do Deporte Feminino Galego, que se celebrará o próximo día 9 de marzo en Ames. Estos tres premiados foron propostos pola Federación Galega de Balonmán, polo que nesta gala se recoñecerá o magnífico momento do balonmán galego.
Begoña Fernández, que logrou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Londres, será premiada no apartado de mellor deportista do pasado ano, xunto ás outras dúas medallistas olímpicas galegas (as regatistas Támara Echegoyen e Sofía Toro).
No apartado de mellor institución pública, a Federación propuso ao Concello do Porriño pola súa aposta polo deporte feminino, tanto no patrocinio ao Balonmán Porriño, coma na aposta pola celebración de eventos deportivos (hai só uns días tivo lugar a Copa da Raíña de balomán feminino).
A terceira proposta que será premiada na Gala do Deporte Feminino será a da empresa Mecalia, no apartado de institución privada, que patrocina ao club Atlético Guardés na máxima categoría do balonmán estatal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Solo se publicarán comentarios firmados con nombre reconocible y previa solicitud de moderación.
Los datos del autor podrán ser hechos público